Grupo de teatro
Seliña

Teatro afeccionado de Sela (Arbo) desde 2015. Máis de 50 actuacións en Galicia e no norte de Portugal.

Grupo de teatro Seliña

O elenco no escenario.

  • Teatro
  • Desde 2015
  • Sela · Arbo

Unha afección con historia en Sela

No ano 2015 fúndase o grupo de teatro Seliña coa intención de recuperar unha afección moi importante en Sela durante varias etapas da súa historia.

Hai lembranza de que nos anos da República (1931–1936), por iniciativa da mestra Luisa Estévez Carpintero, os rapaces e rapazas da escola pública ensaiaron e representaron na parroquia. A finais dos anos 60, un grupo de xoves con inquedanza teatral levou a cabo outro espectáculo.

Arredor de 1980 fúndase o grupo de teatro «A Pesqueira», dirixido por dona Anita Morales, mestra no colexio de Arbo que, xa xubilada, agrupou a varios dos seus exalumnos e representou durante uns anos, con moito éxito, varias obras de interese.

  1. «Os vellos non deben de namorarse»

    De Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Tivo un importante éxito en todos os escenarios polos que pasou.

  2. «Historias paralelas»

    Espectáculo propio do grupo: unha montaxe con varias escenas cómicas.

  3. «As vellas si deben de namorarse… dos vellos»

    Representada en 2018. O autor é Agapito Valado.

  4. «Menuda familia»

    Tras a pausa obrigada pola pandemia, é a obra que levamos agora aos escenarios. Tamén de Agapito Valado.

Funcións anteriores

Sen-Jas

15 de novembro de 2026 · Casa Cultural de Mañufe (Gondomar)

Anacos

31 de outubro de 2026 · Moreira

A función coa que o Grupo de teatro Seliña celebrou o seu décimo aniversario.

Fotos do grupo

Escena dunha representación do grupo Seliña
Cartel do grupo de teatro Seliña
O grupo Seliña caracterizado, en ton sepia
O grupo Seliña nun escenario ao aire libre, de noite

Queres ver o Seliña
na túa vila?

Organizas unha festa, unha semana cultural ou un ciclo de teatro? Cóntanos lugar e data e respondémosche coa dispoñibilidade.

ParaGrupo de teatro Seliña 628 55 65 49