Saúdo do
presidente

«Os nosos socios son o noso máis rico patrimonio.»

A Asociación Cultural Evaristo de Sela, que me honro presidir, recoñece como principio fundamental dar a coñecer a obra poética e de tradución do poeta e helenista a quen debe o seu nome, ademais de potenciar a cultura en todas as súas facetas na súa área de influencia: a parroquia de Santa Mariña de Sela, no concello de Arbo, na provincia de Pontevedra.

Durante os máis de vinte anos que leva fundada, as súas actividades foron numerosas: o boletín Seliña, a organización de seráns e labradas populares, celebracións do Día das Letras Galegas, exposicións diversas… e, desde o ano 2015, tamén teatro co grupo Seliña, que leva actuado máis de 50 veces en diversos puntos da xeografía galega e do norte de Portugal.

Contamos con máis de cen socios, todos eles comprometidos coa asociación, que son o noso máis rico patrimonio; grazas á súa colaboración podemos realizar todas estas actividades. Aproveito para mostrarlles o meu agradecemento, xunto co da Xunta Directiva que presido. Con eles e por eles imos continuar traballando e realizando actividades culturais.

Agapito Valado, presidente