Quen somos

Unha asociación cultural da parroquia de Santa Mariña de Sela, no concello de Arbo (Pontevedra), fundada en 1999.

Sela, Arbo

Placa na casa natal de Evaristo de Sela, inaugurada na homenaxe de 2011.

  • Desde 1999
  • Arbo · Pontevedra

Por que levamos o nome dun poeta

A Asociación Cultural Evaristo de Sela naceu no ano 1999 na parroquia de Sela, no concello de Arbo, coa idea de fomentar e dinamizar a cultura en todas as súas manifestacións no ámbito da súa zona de actuación.

Adoptouse a denominación Evaristo de Sela como tributo e merecida homenaxe a Evaristo González Fernández (Sela 1917 – Vigo 1994), poeta e tradutor de linguas clásicas ao galego, que asinou todos os seus escritos como Evaristo de Sela, orgulloso de levar o nome da súa parroquia de nacemento como apelido literario.

Traxectoria

  1. Fundación

    Nace a asociación, ligada nun primeiro momento á celebración de festas, tanto patronais como doutra índole.

  2. Boletín Seliña

    En xullo sae o primeiro número do boletín Seliña, revista de divulgación cultural que se distribúe entre os socios.

  3. Homenaxe a Evaristo de Sela

    O 27 de novembro, xunto co Concello de Arbo e a Sociedade Española de Estudos Clásicos, celebramos na súa casa natal, no barrio da Granxa, unha homenaxe con persoeiros da Universidade e das Letras Galegas. Desde entón, a actividade céntrase na cultura, a historia, o folclore e a antropoloxía da parroquia.

  4. Grupo de teatro Seliña

    Nace o grupo de teatro, que leva representado diferentes obras polo sur da provincia de Pontevedra, Ourense e o norte de Portugal.

Os nosos socios

Contamos con máis de cen socios, comprometidos coa asociación. Grazas a eles organizamos seráns nos barrios da parroquia, celebracións do Día das Letras Galegas, exposicións, o boletín e o teatro.

Saúdo do presidente

Queres colaborar
coa asociación?

Escríbenos para facerte socio, colaborar co boletín Seliña ou propoñer unha actividade.

ParaAsociación Cultural Evaristo de Sela 628 55 65 49